bitácora
bitácora
fr bitacle habitacle ‘vivenda, bitácora’ lat habitaculu ‘habitáculo’
-
f
[MAR ]
Caixa, xeralmente de madeira e con forma cilíndrica, fixada na cuberta do barco e preto do temón, que contén a agulla de bitácora na parte superior, e no interior ten os imáns correctores da desviación.
-
agulla de bitácora
[MAR ]
Agulla náutica con imáns e esferas compensadoras da desviación magnética.
-
caderno de bitácora
[MAR ]
Libro de a bordo que leva o temoeiro e en que se anotan a dirección e forza do vento, o estado do mar, os faros de sinalización, o rumbo e a hora.