bobina
fr bobine ‘bobina’
-
f
Cilindro que serve para levar enrolado un cable ou calquera outro tipo de fío semellante.
-
f
[IMAX ]
Rolo de película liado a un aparato composto por un cilindro central e dous discos laterais.
-
f
[FÍS ]
Dispositivo formado por un condutor eléctrico illado e enrolado, destinado a crear un campo magnético ao pasar por el unha corrente eléctrica.
-
f
[FÍS ]
Aparato constituído por dúas bobinas encaixadas.
-
f
[IND ]
Presentación industrial do papel e o celofán en forma de banda continua.
-
bobina de deflexión
[FÍS ]
Bobina de indutancia que xera o campo magnético que desvía o feixe de electróns nun tubo de imaxe de televisión.
-
bobina de indución/de Ruhmkoff
[FÍS ]
Transformador de tensión que se emprega nos motores de acendido por chispa.
-
bobina de Petersen
[FÍS ]
Bobina de reactancia que se coloca entre o neutro do transformador e a terra para evitar os arcos causados por contactos intermitentes entre un condutor e a terra.
-
bobina de Tesla
[FÍS ]
Transformador semellante a unha bobina de indución que produce correntes de alta frecuencia e de tensión elevada.
Confrontacións
carreteCitas
- Enrodelei todo o cable de cobre que atopei nunha bobina
- Pásame unha bobina de fío negro que teño para cambiar a que se acabou na máquina de coser