boca

boca

lat bucca

    1. [ANAT ]

      Orificio do comezo do tracto dixestivo ou da cavidade dixestiva que presentan a inmensa maioría dos animais.

    2. [ANAT ]

      Estrutura en forma de cavidade, aberta inmediatamente despois do orificio bucal e en conexión co tubo dixestivo, que posúen moitos animais.

    3. boca a boca / [ANAT/MED ]

      Método de respiración artificial que consiste basicamente en inducir a respiración do paciente expirando fortemente na súa boca.

  1. f

    Labios como parte da cara.

  2. f
    1. Abertura que comunica a parte exterior coa interior dalgunha cousa.

    2. [MAR ]

      Abertura dun zapón.

    3. [MÚS ]

      Abertura que teñen na táboa harmónica os instrumentos de corda da familia dos laúdes.

    4. Abertura entre dúas partes fixas ou móbiles dunha ferramenta ou dun instrumento.

    5. [IND ]

      Furado por onde saen as labras nalgunhas formas de traballar a madeira.

  3. [XEOG ]

    Embocadura dun río ou de cada un dos seus brazos.

  4. [XEOG ]

    Entrada dun porto, dun río, dunha ría, dunha canle ou mesmo dun estreito.

  5. [ZOOL ]

    Abertura terminal da cuncha dos moluscos gasterópodos e doutros animais que posúen cuncha, como os foraminíferos.

  6. [ZOOL ]

    Pinza na que rematan as patas dos crustáceos.

  7. [ZOOL ]

    Órgano que usan os cefalópodos para adherirse a algunha superficie.

  8. boca de fogo [BÉL ]

    Orifico de calquera arma que se carga con pólvora.

  9. boca de incendios [ENX ]

    Toma de auga ramificada sobre unha canalización de gran caudal, que está situada na vía pública.

  10. boca de rego [ENX ]

    Chave lateral da rede de distribución de augas que abastece da auga necesaria para regar as rúas.

  11. boca do estómago/do peito

    epigastrio.

  12. f fig

    Persoa ou animal como consumidor de alimentos.

Sinónimos

Citas

  • Esta serra xa ten as bocas gastadas
  • Hai moitas bocas pasando fame nos países pobres
  • Quedei con ela na boca do metro
  • Sempre anda cun cigarro na boca
  • Suxéitao coa boca dos alicates para poder apertalo

Frases feitas

  • 1 Coa boca mirando en sentido oposto

  • 1 Aplicado a persoas e obxectos con boca, que a te

  • 1 Bocexar.

  • 2 Falar precavidamente.

  • 2 Pasar algunha privaci

  • 2 Coa face de interese visible.

  • 2 Falar.

  • 2 Nas superficies con varias caras, coa superficie que causa interese virada, de tal xeito que non se vexa.

  • 3 Aborrecerse.

  • 4 Espertar o apetito dalgunha persoa.

  • A boca chea. Falar claramente.

  • A boca de xerro. A unha distancia curta.

  • Abrideira de boca. Bocexo.

  • Abrir (algunha persoa) a boca.

  • Abrir (algunha persoa) moito a boca. Po

  • Andar con/ter algunha cousa na boca. Falar sempre do mesmo tema.

  • Andar de boca en boca/andar en bocas/na boca da xente/de todos/do mundo.

  • Boca abaixo loc adv

  • Boca aberta. Persoa que fala moito, cando non debe e sen co

  • Boca arriba loc adv

  • Boca podre. Persoa malfalada.

  • Calar a boca. Non expresar o que se quer

  • Ceo/teito da boca. Padal.

  • Chorar a boca pechada. Calar.

  • Co credo na boca. Co perigo xa inminente.

  • Coa boca aberta. Quedar ou deixar a algu

  • Coa boca pequena. Presentar falta de sinceridade.

  • Comer a pedir de boca. Comer ben e abondosamente.

  • De boca a orella. Confiar a algu

  • De mans a boca. Batendo contra algunha cousa case cos foci

  • Estar coa auga deica a boca. Estar nalg

  • Estar coa boca aberta. Estar pampo.

  • Facer de boca cu. Negar algunha cousa que se afirmou anteriormente.

  • Facerse/volverse a boca auga. Sentir gusto.

  • Falar coa boca pequena. Non ser totalmente sincero.

  • Falar pola boca doutra persoa. 1 Non expresar ideas propias, sen

  • Gardar a boca. Non comer cantidades excesivas ou non inxerir productos prexudiciais.

  • Meterse na boca do lobo. Expo

  • Mollar a boca. Beber.

  • Non dar tapado a boca. Non dar conseguido que algu

  • Non descoser/desfechar a boca. Non falar.

  • Non gardar as papas na boca. Non gardar un segredo.

  • Non lle caber as mentiras na boca. Apl

  • Non ter papas na boca. Falar con claridade.

  • Os cantos da boca. As comisuras da boca.

  • Pola boca pequena. Apl

  • Quitar/sacar/tirar a comida/as cousas da boca. 1 Persoa que come mal coa intenci

  • Ser un boca branda. Ser moi lambereteiro.

  • Ser/parecer unha persoa) da boca aberta. (Ser ou parecer) bobo.

  • Tapar bocas. P

  • Ter (unha persoa) a boca como unha rabada. Ser incapaz de gardar segredos.

  • Ter ourizos na boca. Falar sen parar.

  • Unha da boca lle sae, a outra no corpo (papo) lle queda. Apl

  • Unha noite como a boca do lobo. Noite escura e tenebrosa.

Refráns

  • Boca sen moas é coma muíño sen pedras.
  • O mal entra pola boca e pola boca sae.
  • Pola boca quéntase o fomo / e o vello e todo.