"xia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1085.

    1. Relativo ou pertencente ás cicadofilicais.

    2. Planta da orde das cicadofilicais.

    3. Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron entre o Devónico Superior e o Xurásico Inferior, e que reunían caracteres morfolóxicos dos fentos eusporanxiados e das ximnospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Serie de acontecementos ou fenómenos que se suceden e repiten ordenadamente.

    2. Período de tempo que xa se dá por concluído e a partir do que se comeza a contar de novo.

    3. Conxunto de actos culturais que se celebran en relación cun mesmo asunto ou tema.

      1. Conxunto de composicións poéticas, narrativas ou dramáticas relacionadas entre si segundo un criterio temático, cronolóxico ou mesmo de autoría.

      2. Conxunto de narracións ambientadas na Corte de Carlomagno e dos Doce Pares de Francia, que recibiu, así mesmo, o nome de materia carolinxia ou materia de Francia. A obra máis coñecida da materia carolinxia constitúea a Chanson de Roland.

      3. Conxunto de narracións medievais, en prosa e verso, que toman como eixe temático a guerra de Troia. A obra que lle serviu de inspiración ao ciclo troiano foi a Ilíada de Homero.

      1. verticilo.

      2. Número de membros, en filotaxe, dunha espira xeratriz.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise do músculo ciliar que comporta a incapacidade do cristalino para modificar o seu poder de refracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cimerios.

    2. Individuo do pobo dos cimerios.

    3. Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.

    4. Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado da fermentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Itinerario que volve ao punto de saída.

      2. Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira.

      3. Traxectoria dunha aeronave a unha altura constante mentres espera ter unha pista libre para aterrar.

    1. Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa.

      1. Conxunto de elementos polos que pode circular unha corrente eléctrica.

      2. Circuíto que resulta da substitución dun dispositivo eléctrico ou electrónico por un circuíto simplificado.

      3. Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados que forman un circuíto miniaturizado.

      4. Dispositivo electrónico que efectúa unha operación lóxica.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que trata as enfermidades, deformidades e traumatismos por medio de operacións manuais ou utilizando instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a cirurxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da bioloxía que estuda a estrutura e función da célula.

      1. Estudo das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido ou dun fluído que se realiza con finalidade diagnóstica.

      2. Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina. OBS: Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos.

    2. Estudo do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo.

    3. Estudo do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO