citoloxía

citoloxía

cito- + -loxía

Plural: citoloxías
  1. s f [BIOL ]

    Rama da bioloxía que estuda a estrutura e función da célula.

    1. s

      Estudo das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido ou dun fluído que se realiza con finalidade diagnóstica.

    2. citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal

      Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina. OBS: Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.