cimerio -ria

cimerio -ria

lat Cimmeriu

Plural: cimerios Masculino: cimerio Masculino plural: cimerios Feminino: cimeria Feminino plural: cimerias
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cimerios.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo dos cimerios.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.

  4. fase cimeria [XEOL ]

    Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.