circuíto

circuíto

lat circuĭtus

Plural: circuítos
    1. s

      Itinerario que volve ao punto de saída.

    2. s [DEP ]

      Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira.

    3. circuíto de espera [AERON ]

      Traxectoria dunha aeronave a unha altura constante mentres espera ter unha pista libre para aterrar.

  1. s m

    Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa.

    1. s

      Conxunto de elementos polos que pode circular unha corrente eléctrica.

    2. circuíto equivalente

      Circuíto que resulta da substitución dun dispositivo eléctrico ou electrónico por un circuíto simplificado.

    3. circuíto integrado

      Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados que forman un circuíto miniaturizado.

    4. circuíto lóxico

      Dispositivo electrónico que efectúa unha operación lóxica.

    5. circuíto magnético

      Conxunto de medios que forman un circuíto pechado e nos que pode existir un fluxo magnético no seu interior.

  2. s m [INFORM ]

    Medio de transmisión entre dúas estacións terminais utilizado para a transmisión de datos.

  3. circuíto de mando [TECNOL ]

    Conxunto de dispositivos electrónicos, hidráulicos ou pneumáticos, que nun sistema automatizado activan os elementos de saída que levan a cabo o proceso.

  4. circuíto hidráulico [ENX ]

    Sistema de condutos que conducen a enerxía por medio dun líquido.

  5. circuíto pechado [COMUN ]

    Sistema de transmisión de imaxes de televisión en que a cámara está conectada ao receptor mediante un cable coaxial. Emprégase para vixilancia.

Citas

  • A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade
  • Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto