climatoloxía
climatoloxía
climato- + -loxía
-
s
f
[CLIMAT ]
Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos.
-
climatoloxía agrícola
Estudo do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo.
-
climatoloxía médica
Estudo do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano.