"Seguin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 137.

    1. Persoa licenciada en dereito que ten como profesión dar o seu parecer sobre cuestións de dereito e defender intereses doutros, especialmente en causas e xuízos diante dos tribunais.

    2. Persoa que fala en defensa doutra.

    3. Título aplicado á Virxe e a determinados santos a quen a devoción popular atribúe un poder sobre determinadas necesidades ou algún tipo de protección.

    4. Defensor ou protector dos cabidos catedralicios e dos mosteiros desde a época carolinxia ata o s XII.

    5. Avogado designado por un xuíz ou por un tribunal para a defensa do litigante, a quen se lle concedeu o dereito de xustiza gratuíta, ou para a defensa do acusado ou inculpado que nun proceso penal non o designa voluntariamente.

    6. Nome popular do fiscal promotor da fe nas causas de canonización.

    7. Letrado do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de baleirar.

    2. Procedemento para a reprodución de esculturas ou relevos que consiste en aplicar ao modelo xeso ou materiais semellantes esperando a que endureza, conseguindo así un molde que permitirá obter copias do orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radiación electromagnética emitida ao ser decelerada (freada ou deflectida) unha partícula cargada, de alta enerxía, cando atravesa a materia.

    2. Colisión inelástica entre un fotón e un electrón no campo dun ión, coa conseguinte absorción da enerxía do fotón polo electrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción espástica da musculatura dos bronquios, con redución da luz bronquial e coa dificultade conseguinte ao paso do aire, sobre todo durante a expiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de escritura, habitual nas inscricións gregas, que consiste en trazar unha liña de esquerda a dereita e a seguinte de dereita a esquerda, de xeito que a lectura se produce sen saltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aniversario do pasamento dunha persoa.

    2. Cerimonia de carácter funerario que se celebra ao ano seguinte de falecer unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navegación mercantil ou tráfico marítimo que se realiza de porto a porto seguindo a costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.

      2. Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

      3. Terreo destinado á agricultura e á gandaría.

      4. Terreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.

      5. Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

      1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

      2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.

    2. Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

    3. Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.

    4. Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.

      1. Trazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.

      2. Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.

      3. Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.

      4. Carácter que fai referencia ás calidades medibles.

      5. Carácter que se transmite pola herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza europea medieval na que os bailadores, que forman unha ringleira circular, aberta ou pechada, avanzan collidos das mans ou dando voltas, seguindo o paso do bailarín principal ao ritmo dunha canción.

    VER O DETALLE DO TERMO