avogado -da
-
s
[DER ]
Persoa licenciada en dereito que ten como profesión dar o seu parecer sobre cuestións de dereito e defender intereses doutros, especialmente en causas e xuízos diante dos tribunais.
-
s
Persoa que fala en defensa doutra.
-
s
[DER/RELIX ]
Título aplicado á Virxe e a determinados santos a quen a devoción popular atribúe un poder sobre determinadas necesidades ou algún tipo de protección.
-
avogado da igrexa
[HIST ]
Defensor ou protector dos cabidos catedralicios e dos mosteiros desde a época carolinxia ata o s XII.
-
avogado de oficio
[DER ]
Avogado designado por un xuíz ou por un tribunal para a defensa do litigante, a quen se lle concedeu o dereito de xustiza gratuíta, ou para a defensa do acusado ou inculpado que nun proceso penal non o designa voluntariamente.
-
avogado do demo
[RELIX ]
Nome popular do fiscal promotor da fe nas causas de canonización.
-
avogado do estado
[DER ]
Letrado do estado.
Frases feitas
-
Avogado das silveiras. Persoa que induce a outras a preitos ou a disputas, actuando de mala fe ou perseguindo alg
-
Ser avogado dos pobres. Ser xeneroso cos demais.
Formas incorrectas
abogado -daRefráns
- A consulta do avogado hai que lela con coidado.
- Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado.
- O bo avogado non é bo veciño.
- O bo avogado non é mal veciño.
- O que vai ao avogado poucas veces volve desconsolado.
- Ó teu avogado non o traias enganado.