"Quel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 419.

    1. Relativo ou pertencente a un ambulacro.

    2. Conxunto de canais e vesículas distribuídos polo corpo dos equinodermos a través dos que circula a auga. Denomínase tamén sistema acuífero e ten unha función circulatoria, respiratoria e locomotora.

    3. ambulacro.

    4. Cada unha das placas do exoesqueleto de moitos equinodermos.

    5. Cada un dos orificios que presentan as placas ambulacrais, polos que saen os ambulacros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de níquel hidratado que cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos aplanados de cor branca, gris, verde clara ou mazá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anápsidos.

    2. Réptil da subclase dos anápsidos.

    3. Subclase de réptiles caracterizados pola ausencia de fosas temporais, que comprende os quelónidos e as ordes extinguidas dos cotilosauros e dos mesosauros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión anatómica dalgúns animais que comprende a parte lateral e posterolateral da zona próxima á extremidade inferior. A anca está constituída por unha estrutura esquelética, unha masa muscular que cobre e move a articulación, xunto co abundante tecido adiposo e subcutáneo, ademais da pel que a cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.

      2. Aro pequeno que serve para soster algo.

    1. Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

    2. Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.

      1. Moldura que rodea os fustes das columnas.

      2. Cornixa en que se apoia a cúpula.

    3. Aro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.

    4. Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea perenne do xénero Anemone, de rizoma reptante, follas basais e flores apétalas de cores diversas.

      2. Flor da planta do mesmo nome.

    1. Antozoo da orde dos actiniarios, solitario e sedentario, de corpo cilíndrico e sen esqueleto calcario duro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntar algunha cousa a outra de xeito que aquela dependa desta e que lle sirva de complemento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se xunta a unha cousa de maneira que aquela dependa desta e que lle sirva de complemento. Tm s.

    2. Construción menor ou parte accesoria a un edificio principal.

    3. Conxunto anatómico formado polos ligamentos uterinos, as trompas uterinas e os ovarios.

    4. Formación embrionaria que limita e illa parcialmente o embrión da parte extraembrionaria. OBS: A grafía <x> representa o son [ks]

    VER O DETALLE DO TERMO