amistade

amistade
Plural: amistades
s f

amizade.

Refráns

  • A amistade cosela e, se convén, descosela; mais non rompela.
  • A amistade do gato boa é, se non rabuña.
  • A cama e o cárcere son proba de amigos.
  • A comida comida desfai a compañía.
  • A compaña de tres boa é; a de catro dáa ao diaño.
  • A lingua do amigo malo corta máis que un machado.
  • A quen queiras mal, non o queiras no hospital.
  • Aceite, viño e amigo, mellor canto máis antigo.
  • Algo lle falta ao rico, se non ten ningún amigo.
  • Amigo ata a porta da igrexa, ese é amigo de veras.
  • Amigo campesiño, comerache o pan e beberache o viño.
  • Amigo de aldea, para que n o queira.
  • Amigo de bo tempo muda co vento.
  • Amigo de dúbida é o que te aconsella e podendo non te axuda.
  • Amigo de moitos e amigo de ningún, todo é un.
  • Amigo de montaña, quen o perde, gaña.
  • Amigo de un, amigo de ningún.
  • Amigo do vento muda co tempo.
  • Amigo e viño, o máis antigo.
  • Amigo Estevo, amigo Antón; pero máis amiga a razón.
  • Amigo non foi aquel que o deixou de ser.
  • Amigo Pedro, amigo Xan; pero máis amiga a verdá.
  • Amigo polo seu proveito, andoriña no teito.
  • Amigo que non dá e coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
  • Amigo vello vale máis que diñeiro.
  • Amigo, de un; e inimigo, de ningún.
  • Amigo, non de min, senón do meu trigo.
  • Amigo, vello; touciño e viño anellos.
  • Amigos coma o can e o gato, que comen no mesmo prato.
  • Amigos de lonxe e contas de preto.
  • Amigos de taberna, amigos de merda.
  • Amigos e libros, poucos, bos e ben coñecidos.
  • Amigos e mulas fallan ás duras.
  • Amigos que se coñecen, dende lonxe se saúdan.
  • Amigos, de lonxe; e contas, de preto.
  • Amigos, poucos e bos.
  • Amistade crebada vale pouco ou nada.
  • Amistade de boca, bulsa pechada e moita parola.
  • Amistade de catro, xuntoiro do diaño.
  • Amistade por interés, non dura porque non a é.
  • Amistade prendida con alfinetes, despréndela cando queres.
  • Amistade, con todos; confianza con poucos.
  • Amistade, vella; e casa, nova.
  • As amistades hanse descoser mais non se han romper.
  • Ben estou co amigo que come o seu pan comigo.
  • Ben parva é a ovella que co lobo se confesa.
  • Ben pode dicir que é rico o que ten bos amigos.
  • Bo de convidar e malo de fartar.
  • Bocado comido xa non fai amigo.
  • Bótate a enfermar, verás quen che quere ben e quen che quere mal.
  • Bótate a enfermar: xa verás quen te quere ben e quen te quere mal.
  • Buscando un amigo a vida pasei, e morro de vello e non o atopei.
  • Cada cal ama o seu igual por lei natural.
  • Cada cal co seu cada cal.
  • Cada cal co seu igual.
  • Cada cal quere o seu igual.
  • Cada par co seu par.
  • Cando a ocasión chega, o máis amigo a pega.
  • Canta máis amistade, máis claridade.
  • Chámolle tía para que me día; que, se me non dá, chámolle tía de acolá.
  • Co falso non tomes amistade, porque che fará maldade.
  • Coitas e camiños dannos amigos.
  • Compaña de dous, compaña de bos.
  • Con achaque de amistade moitos fan falsidade / ruindade.
  • Cos bos amigos cómese.
  • Dade ao demo o amigo que vos deixa a palla e vos leva o trigo.
  • Dálle ao rabo o can non por ti senón polo pan.
  • Dende que teño ovellas e crías, todos me dan os bos días.
  • Dos amigos gárdeme Dios, que dos ioimigos gardámooos nós.
  • Dúas aves de rapiña non gardan compañía.
  • Entre amigos o que máis pon máis perde.
  • Entre amigos, con velo abonda.
  • Entre bos amigos non están mal os testigos.
  • Ese é meu amigo, que moe no meu muíño.
  • Gañar amigos e dar diñeiro a logro é sementar en terreo froitoso.
  • Haxa cebo no pombal, que as pombas non faltarán.
  • Home bravo e mandón, para meu amigo, non.
  • Hoxe por min e mañá por ti; todo che ha de quedar aquí.
  • Inimigo, de ninguén; amigo, cando menos, de un.
  • Máis vale amigo na praza que diñeiro na arca.
  • Máis vale onza de sangue que libra de amistade.
  • Máis vale un amigo bo que parente e medio.
  • Máis vale un bo amigo que dez parentes, eles lonxe e el presente.
  • Mal amigo é o que come o meu comigo e o seu consigo.
  • Mentres teñas qué comer, non faltará quen te veña ver.
  • Moito te quero, mais pouco ben che fago.
  • Moitos amigos, ningún amigo.
  • Moitos son os amigos, poucos os escollidos.
  • Na cama e na cadea coñécese o amigo e non entre xerros de viño.
  • Na necesidade vese ben a amistade.
  • Nas coitas que un ten coñécese quen nos quere ben.
  • Nin amigo reconciliado mn guisote requentado.
  • No perigo coñécese o amigo.
  • Non busques por amigo o rico nin o nobre senón o bo,inda que sexa pobre.
  • Non esperes que o teu amigo che faga o que ti poideres.
  • Non hai amigos a mortos e a idos.
  • Non hai mellor amigo que un bo libro.
  • Non hai mellor parente có bo amigo presente.
  • Non lle chames amigo ao que non viviu contigo.
  • Non mires o don senón o que o dou.
  • Non teñas amistade con xente de mala caste.
  • Non teñas por amigo crego, frade nin "xudeo".
  • Nos males coñécense os amigos leales.
  • Nunca falta un roto para un descosido.
  • Nunca un lobo come outro.
  • O amigo do meu amigo é meu amigo.
  • Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño.
  • O amigo falso fere máis que o coitelo afiado.
  • O amigo leal e franco, ese é un merlo branco.
  • O amigo leal faiche compaña no ben e no mal.
  • O amigo que non é de certo, cuo olio pechado e outro aberto.
  • O amigo, nunca o probes.
  • O bo amigo non ha deixa-Ia palla e leva-lo trigo.
  • O home pillabán, tenmo sempre da túa mano
  • O máis amigo pégaeha.
  • O mal amigo deixa a palla e leva o trigo.
  • O marido, ámao como amigo e témeo como inimigo.
  • O mellor amigo non é o veciño.
  • Ó mellor amigo, o mellor tiro.
  • O mellor amigo, un libro.
  • O meu amigo papafigo come o seu pan só e o meu comigo.
  • O meu é meu; e o teu, de entrambos.
  • O meu, meu; e o teu, tamén meu.
  • O neno e o bacoriño van a onde lles dan un bocadiño.
  • O pan comido e a compaña desfeita.
  • O parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleres.
  • Ó porco e ao xenro ábrelle a porta, que xa el virá cedo.
  • Ó porco, ao xenro e á nora amósalle-Ia porta.
  • O que a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre.
  • O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro -dixo o santo do Pico Sagro moi arroupado.
  • Ó que te quere mal cómelle o pan e ao que te quere ben cómello tamén.
  • Ó que ten bo viño non lle faltan amigos.
  • Ó teu amigo cómelle o pan e bébelle o viño.
  • Ó Toma todo o mundo asoma e ao Daca todo o mundo escapa.
  • Odre sen viño non fai amigo.
  • Onde hai bocadiño, ahi está o bacoriño.
  • Os amigos certos son os probados con feitos.
  • Os males fan amistades.
  • Pan comido, compaña desfeita.
  • Para amigos, todos; para inimigos, abonda un soilo.
  • Para coñece-Ia amistade come con ela unha tega de sal.
  • Para o amigo verdadeiro ten sempre aberto o peito e a bulsa do diñeiro.
  • Para o pobre non é proveitoso acompañarse do poderoso.
  • Polo pan baila o can.
  • Por diñeiro baila o can e polo pan, se llo dan.
  • Por mor dos meus amigos éncheseme o lar de fillos.
  • Quen ben te quere, a boca cho sabe.
  • Quen che fai festas que non acostuma facer, algo de ti quer.
  • Quen deixa de ser amigo non o foi nunca.
  • Quen me quere ben dáme do que ten.
  • Quen me quere ben dime o que sabe e dáme do que ten.
  • Quen quere a Xan, quere o seu can.
  • Quen te enche de festas que non acostuma facer, ou qué rete enganar ou de ti ha mes ter.
  • Quen ten amigo dubidoso, durma eun olio e vele co outro.
  • Quen ten bo niño ten bo amigo e bo agarimiño.
  • Quen ten un bo amigo, téñase por rico.
  • Quen trata con raposo, gracias se lambe algún óso.
  • Renega do amigo que non te avisa do perigo.
  • Renega do amigo que te cobre coas ás e te morde co bieo.
  • Renego do amigo que come o meu comigo e o seu consigo.
  • Se non te ves pobre e perseguido, non sabes quen é o teu amigo.
  • Se queres ter amigos moitos, proba poucos.
  • Se queres vir comigo, trae contigo.
  • Se tes un tío rico e sen fillos, faiUe mimos e aloumiños.
  • Sempre miran para quen ten, que o mirar sempre foi ben.
  • Sempre que lle dan un bocadiño, alégrase o meu meniño.
  • Tan bo é Pedro coma Xan e tan bo é Xan coma Pedro: que os dous son dous bos parceiros.
  • Ti amósame a pereira, que quero estar á súa beira cando teña peras.
  • Ti ten grans no teu pombal, que as pombas xa che virán.