ambulacral

ambulacral

ambulacro

Plural: ambulacrais
  1. adx

    Relativo ou pertencente a un ambulacro.

  2. aparato ambulacral [ZOOL ]

    Conxunto de canais e vesículas distribuídos polo corpo dos equinodermos a través dos que circula a auga. Denomínase tamén sistema acuífero e ten unha función circulatoria, respiratoria e locomotora.

  3. pé ambulacral [ZOOL ]

    ambulacro.

  4. placa ambulacral [ZOOL ]

    Cada unha das placas do exoesqueleto de moitos equinodermos.

  5. poro ambulacral [ZOOL ]

    Cada un dos orificios que presentan as placas ambulacrais, polos que saen os ambulacros.