"mita" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 552.

    1. Que expresa cantidade.

    2. Calquera dos símbolos que, na escritura formal, preceden ás funcións proposicionais.

    3. Clase dos presentadores do substantivo que o presentan e o determinan, e delimitan, ao mesmo tempo, a súa extensión cuantitativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza en forma de prisma, que ten dúas caras opostas formando un ángulo diedro moi agudo, empregada para rachar madeira, romper pedra ou fixar obxectos.

    2. Influencia dunha persoa que se emprega para conseguir algo de favor.

    3. Parte dun corpo redondo, como a esfera, o cilindro ou o cono, limitada por dous planos diametrais e a superficie do corpo.

    4. Cada un dos tres ósos curtos, de forma piramidal, situados na segunda fila do tarso.

    5. Anuncio radiofónico de diversos formatos non superior ao minuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de organismos administrativos, xudiciais e de goberno para os asuntos eclesiásticos.

      2. Organismo ao servizo do bispo e composto por diferentes membros administrativos e xudiciais.

      3. Organismo ao servizo do papa que rexe a Igrexa católica.

    1. Conxunto de avogados, procuradores e outros funcionarios que actúan na administración de xustiza.

    2. División administrativa do pobo romano vinculada a unha organización de tipo territorial creada polos etruscos.

    3. Senado ou asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formado polos decurións.

    4. Edificio do foro, na antiga Roma, onde tiñan lugar as asembleas civís ou as relixiosas.

    5. Corte do monarca medieval derivada do comitatum xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico de vangarda que se orixinou en Zúric e que constituíu unha rebelión contra a arte convencional e a sociedade burguesa. O seu obxectivo non era instaurar novos valores, senón que se limitaba á burla sarcástica de todo o existente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

    2. Individuo do pobo dos danakil.

    3. Pobo africano que pertence ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmá.

    4. Lingua cuxita que fala o pobo danakil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente literaria cultivada en España durante o s XV que se caracteriza pola imitación dos temas e das técnicas empregadas por Dante Alighieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser doutra persoa.

    2. Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.

    3. Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.

    4. Facer que algo teña certa forma ou características.

    5. Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.

    6. Publicar ou dar a coñecer algo.

    7. Mostrar ou executar un espectáculo.

    8. Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.

    9. Atribuír un significado ou un valor a algo.

    10. Propinar un golpe a alguén.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico e literario que naceu en Francia a finais do s XIX, e que reflicte a angustia que xurdiu do contraste entre as ambicións do sistema capitalista emerxente, da ciencia positivista, e a limitación dos seus resultados, que negaban os valores da sociedade tradicional sen propoñer unha alternativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incidente procesual que consiste en achegar unha solicitude dirixida ao xuíz ou tribunal, para que se absteña nun determinado asunto e o remita ao xuíz ou tribunal competente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de definir ou definirse.

    2. Expresión que delimita e describe o significado dun definiendum, presentando un equivalente definiens, e pola que se crea un obxecto determinado de pensamento.

      1. Determinación conceptual dunha verdade ou dun contido doutrinal realizada por unha persoa competente na materia.

      2. Proposición explícita dunha verdade que a Igrexa presenta como obxectivo de fe divina e católica e que goza das prerrogativas de infalibilidade e obrigatoriedade.

    3. Proposición que explica as notas que corresponden a un concepto, segundo o seu significado ou segundo o seu contido.

    4. Introdución dun novo concepto que fai referencia a conceptos anteriores xa definidos.

    5. Fidelidade de reprodución dunha imaxe determinada polo número de liñas do sistema empregado.

    VER O DETALLE DO TERMO