cuña

cuña
Plural: cuñas
  1. s f

    Peza en forma de prisma, que ten dúas caras opostas formando un ángulo diedro moi agudo, empregada para rachar madeira, romper pedra ou fixar obxectos.

  2. s f

    Influencia dunha persoa que se emprega para conseguir algo de favor.

  3. s f [MAT ]

    Parte dun corpo redondo, como a esfera, o cilindro ou o cono, limitada por dous planos diametrais e a superficie do corpo.

  4. s f [ANAT ]

    Cada un dos tres ósos curtos, de forma piramidal, situados na segunda fila do tarso.

  5. s f [COMUN ]

    Anuncio radiofónico de diversos formatos non superior ao minuto.

Palabras veciñas

cumulonimbo cun cuna cuña cuñado -da cuñar cuñaxe