curia

curia

lat curĭa

Plural: curias
    1. s

      Conxunto de organismos administrativos, xudiciais e de goberno para os asuntos eclesiásticos.

    2. curia diocesana

      Organismo ao servizo do bispo e composto por diferentes membros administrativos e xudiciais.

    3. curia romana

      Organismo ao servizo do papa que rexe a Igrexa católica.

  1. s f [DER ]

    Conxunto de avogados, procuradores e outros funcionarios que actúan na administración de xustiza.

  2. s f [HIST ]

    División administrativa do pobo romano vinculada a unha organización de tipo territorial creada polos etruscos.

  3. s f [HIST ]

    Senado ou asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formado polos decurións.

  4. s f [HIST ]

    Edificio do foro, na antiga Roma, onde tiñan lugar as asembleas civís ou as relixiosas.

  5. curia rexia [HIST ]

    Corte do monarca medieval derivada do comitatum xermánico.