definición
lat definitĭōne
-
s
f
Acción de definir ou definirse.
-
s
f
[LING ]
Expresión que delimita e describe o significado dun definiendum, presentando un equivalente definiens, e pola que se crea un obxecto determinado de pensamento.
-
-
s
Determinación conceptual dunha verdade ou dun contido doutrinal realizada por unha persoa competente na materia.
-
definición de fe/dogmática
Proposición explícita dunha verdade que a Igrexa presenta como obxectivo de fe divina e católica e que goza das prerrogativas de infalibilidade e obrigatoriedade.
-
s
-
s
f
[FILOS ]
Proposición que explica as notas que corresponden a un concepto, segundo o seu significado ou segundo o seu contido.
-
s
f
[MAT ]
Introdución dun novo concepto que fai referencia a conceptos anteriores xa definidos.
-
s
f
[TECNOL/IMAX ]
Fidelidade de reprodución dunha imaxe determinada polo número de liñas do sistema empregado.