"OAS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1862.

    1. Dimensión dunha superficie limitada por rectas ou curvas. A unidade de área no SI é o metro cadrado (m 2 ).

    2. Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.

    3. Porción dunha superficie que se caracteriza por desenvolverse nela algún tipo de actividade ou por estar ocupada por un certo tipo de persoas.

    4. Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.

    5. Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.

    6. Concepto metafórico que en antropoloxía política delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.

      1. Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon.

      2. Área que non presenta interrupcións.

      3. Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.

    2. Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.

    3. Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.

    4. Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.

    5. Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.

    6. Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.

    7. Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.

    8. Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente.

    9. Pequena argola de platino, suxeita a un mango que se emprega para sementar microorganismos nun medio de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estender unha capa de árgoma sobre un valado para imposibilitar a entrada do gando ou de persoas alleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de goberno na que o poder reside nun grupo social reducido e privilexiado por razóns de liñaxe ou poder económico.

    2. Estamento nobre.

    3. Conxunto de persoas ou cousas que se considera por riba das da mesma especie polas súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo dos números naturais e das operacións de adición, substracción, multiplicación, división enteira, elevación á potencia e extracción de raíces enteiras entre eles. Naceu xunto coa linguaxe para denominar conxuntos de persoas ou de obxectos.

    2. Corrente do pensamento económico iniciada en Inglaterra, que pode ser considerada precursora da moderna estatística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. Impropiamente, arma nuclear.

    3. Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco lamelibranquio da familia dos máctridos, de cuncha sólida e ovada e coas valvas iguais. A parte exterior é de cor branca marelenta ou dourada, co periostraco marrón verdoso, e a interior branca.

    2. Denominación xenérica para os bivalbos de cuncha sólida e grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco lamelibranquio da familia dos náctridos, de cuncha sólida e ovada, duns 6 cm de lonxitude máxima, coas valvas lixeiramente desiguais. A parte exterior é de cor rosada, co periostraco fino marrón verdoso, e a interior branca ou púrpura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferir co arpón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que estuda os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas, supostamente baseadas no astronómico e avaliar os coñecementos e os métodos orientados á astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO