aritmética

aritmética

< lat arithmetica

Plural: aritméticas
  1. s f [MAT ]

    Estudo dos números naturais e das operacións de adición, substracción, multiplicación, división enteira, elevación á potencia e extracción de raíces enteiras entre eles. Naceu xunto coa linguaxe para denominar conxuntos de persoas ou de obxectos.

  2. aritmética política [ECON ]

    Corrente do pensamento económico iniciada en Inglaterra, que pode ser considerada precursora da moderna estatística.

Confrontacións

cálculo