argola

argola

ár al-gulla ‘colar, anel’

Plural: argolas
  1. s f

    Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.

  2. s f

    Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.

  3. s f

    Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.

  4. s f [CONSTR ]

    Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.

  5. s f pl [DEP ]

    Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.

  6. s f [HIST/DER ]

    Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.

  7. s f [IND ]

    Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.

  8. argola de Gravesande [FÍS ]

    Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente.

  9. argola de sementar [MICROB ]

    Pequena argola de platino, suxeita a un mango que se emprega para sementar microorganismos nun medio de cultivo.

Sinónimos

Confrontacións

aldraba, anel, arandela, petador

Frases feitas

  • Ter boa argola. Ter influencia ou capacidade para facer algo.