arma

arma

lat arma

Plural: armas
    1. s

      Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. arma atómica

      Impropiamente, arma nuclear.

    3. arma automática

      Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. arma bacteriolóxica

      Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. arma biolóxica

      Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. arma branca

      Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. arma convencional

      Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. arma de fogo

      Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. arma de repetición

      Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. arma nuclear

      Artefacto de guerra concibido para causar a destrución e a morte por radiación térmica, por onda de choque ou polos efectos da radioactividade.

    11. arma química

      Axente tóxico producido por síntese química que se emprega como arma para producir a morte ou a incapacidade.

    1. s

      Insignia, escudo ou brasón que é distintivo de persoas, familias, cidades, corporacións, entidades e estados.

    2. armas arbitrarias

      Armas usadas sen dereito, por atribución propia.

    3. armas de agregación

      Armas unidas a un escudo primitivo.

    4. armas de apropiación/apaño

      Armas que portan os príncipes de sangue pertencentes a ramas secundarias da familia real.

    5. armas de concesión

      Armas que, pertencendo aos soberanos, foron incorporadas parcial ou totalmente ás propias, por razóns de merecementos especiais.

    6. armas de devoción

      Armas tomadas polos eclesiásticos para representar un ideal ou unha guía da súa vida.

    7. armas de dignidade

      Armas inherentes a determinados cargos que serven para recoñecer os seus posuidores.

    8. armas de familia/de liñaxe

      Armas correspondentes a unha liñaxe, individuo ou título.

    9. armas de pretensión

      Armas de lugares, rexións ou países sobre os que un príncipe ou un estado pretende ter dereitos sen posuír o seu dominio.

    10. armas de soberanía/de dominio

      Armas usadas polos príncipes soberanos ou os estados.

    11. armas falantes

      Armas que representan simbolicamente o nome da familia, da cidade ou dunha entidade.

    12. armas falsas

      Armas que contraveñen, a mantenta, as regras heráldicas.

Sinónimos

Citas

  • Facer armas do dereito e da xustiza
  • O honor das nosas armas
  • Utilizou a cadeira como arma para repeler o golpe, Defendeuse coas súas armas naturais: os puños e os pés

Frases feitas

  • Alzarse en armas. Sublevarse.

  • Pasar polas armas. Fusilar.

Refráns

  • Arco sempre armado, ou frouxo ou crebado.
  • Arma de fogo, alonxada: que o demo pode cargala e descargala.
  • Arma moi quente é fácil que rebente e fira ao máis valente.
  • Arma que recúa e pegue ¡O diaño que a leve!
  • Arma que recúa e pegue ¡O diaño que a merque!
  • Arma que recúe ¡O demo que a ature!
  • Armas e diñeiro queren boas mans o
  • Armas e diñeiro requeren mans de ferro.
  • As armas, o demo as carga e o diaño as dispara.
  • Ás veces miran máis as armas cás barbas.
  • Pólvora, pouca; e munición, ata a boca.
  • Unha arma para abrires pasb, non está mal por se acaso.