aristocracia

aristocracia

gr ἀ ριστοκρατία ‘goberno dos mellores’

Plural: aristocracias
  1. s f [HIST/SOCIOL ]

    Forma de goberno na que o poder reside nun grupo social reducido e privilexiado por razóns de liñaxe ou poder económico.

  2. s f p ext

    Estamento nobre.

  3. s f p ext

    Conxunto de persoas ou cousas que se considera por riba das da mesma especie polas súas calidades.

Sinónimos

Confrontacións

fidalguía

Citas

  • A aristocracia do saber
  • Na voda da filla dos Condes só estivo convidada a aristocracia