"Morf" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 479.

    1. Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.

    2. Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas.

    3. Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servizos e bens públicos.

    4. Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de constituír ou constituírse.

      1. Maneira en que algo está constituído.

      2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

      3. Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.

    2. Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.

    3. Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.

      1. Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.

      2. Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que constitúe algunha cousa. Tm s.

      2. Constituínte que non se sitúa ao lado doutro na cadea de palabras, pero que se relacionan sintáctica ou semanticamente.

      3. Cada un dos elementos de nivel máis baixo que forma parte dunha construción sintáctica ou morfolóxica, de tal xeito que entre o elemento e a construción enteira non se interpón ningunha construción parcial de nivel intermedio.

    1. Que ten poder para establecer ou reformar unha constitución. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de construír.

      1. Actividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñaría ou arquitectónicas.

      2. Parte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos.

    2. Obra construída, especialmente de enxeñaría ou de arquitectura.

      1. Unidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior.

      2. Construción que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.

      3. Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais.

      4. Construción que, segundo L. Bloomfield, ten a mesma clase formal ca un ou varios dos seus constituíntes.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxugar ou conxugarse.

    2. Ordenación dun sistema de paradigmas en que se expresan todos os morfemas gramaticais do verbo: a voz, o tempo, o aspecto, o modo, o número e a persoa.

      1. Unión dos gametos, especialmente na isogamia.

      2. Proceso particular de reprodución sexual dos cilióforos, onde intercambian material cromatínico con modificacións nucleares que conducen a unha división binaria.

      3. Tipo de reprodución sexual que se produce nalgunhas algas e que consiste na unión de dous acinetos.

      4. Mecanismo de intercambio xénico, propio das bacterias, que consiste no establecemento de pontes citoplasmáticas a través do pelo sexual pola que se transmiten plásmidos dunha célula a outra; nalgúns casos, estes plásmidos levan unidos fragmentos do cromosoma da célula doadora.

    3. Operación que fai corresponder a toda partícula fundamental a súa antipartícula e, por extensión, o operador que realiza esta acción.

    4. Utilización de fenómenos de óptica non lineal para inverter unha onda luminosa de xeito que a onda de retorno percorra exactamente a traxectoria da onda incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir ou combinar conxuntamente e de xeito harmónico varias cousas.

    2. Unir sucesivamente ao radical dun verbo os morfemas que serven para expresar os cambios de voz, modo, tempo, número e persoa.

    3. Combinarse ou coordinarse varias cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.

      1. Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas oracións ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración en que se integran.

      2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une.

      3. Conxunción que introduce a causa de por que se produciu un determinado efecto.

      4. Conxunción que introduce o segundo termo dunha comparación.

      5. Conxunción que introduce a  oración en función de suxeito, complemento directo ou atributo.

      6. Conxunción que introduce a idea de obxección ou dificultade que non impide a realización dunha acción.  

      7. Conxunción que introduce a oración que indica a condición necesaria para que se realice algo.

      8. Conxunción que introduce elementos equivalentes.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que une.

      2. Tecido de sostemento amorfo que ocupa os intersticios situados entre a pel e a musculatura, entre os fascículos musculares ou entre a capa mucosa e a capa muscular dos órganos baleiros. Realiza funcións mecánicas e metabólicas.

    1. Que une dúas unidades lingüísticas.

    2. Aplícase ao siloxismo, xeralmente hipotético, que ten como premisa maior a que contén a conclusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás coriariáceas.

    2. Planta da familia das coriariáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou arbustivas da orde das ranunculais, con flores actinomorfas, pentámeras e solitarias ou dispostas en acios e froitos en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cornáceas.

    2. Planta da familia das cornáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos, da orde das cornais, que ten flores actinomorfas, reunidas en inflorescencias corimbiformes ou umbeliformes e froitos en drupa ou baga.

    VER O DETALLE DO TERMO