conxunción

conxunción

lat coniunctiōne

Plural: conxuncións
  1. s f

    Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.

    1. s

      Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas oracións ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración en que se integran.

    2. conxunción adversativa

      Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une.

    3. conxunción causal

      Conxunción que introduce a causa de por que se produciu un determinado efecto.

    4. conxunción comparativa

      Conxunción que introduce o segundo termo dunha comparación.

    5. conxunción completiva

      Conxunción que introduce a  oración en función de suxeito, complemento directo ou atributo.

    6. conxunción concesiva

      Conxunción que introduce a idea de obxección ou dificultade que non impide a realización dunha acción.  

    7. conxunción condicional

      Conxunción que introduce a oración que indica a condición necesaria para que se realice algo.

    8. conxunción copulativa

      Conxunción que introduce elementos equivalentes.

    9. conxunción consecutiva

      Conxunción que introduce  a consecuencia ou o efecto do expresado.

    10. conxunción disxuntiva e distributiva

      Conxunción que expresa exclusión mutua ou realización alternativa.

    11. conxunción final

      Conxunción que indica a finalidade con que se realiza unha determinada acción.

    12. conxunción locativa

      Conxunción que introduce un complemento que equivale funcionalmente a un complemento de lugar.

    13. conxunción modal

      Conxunción que introduce un complemento que equivale funcionalmente a un complemento de modo.

    14. conxunción temporal

      Conxunción que introduce unha circunstancia de tempo.

  2. s f [FILOS ]

    Conectiva binaria “e” que, na lóxica simbólica, se pode representar por un punto (.) ou polos signos = e &. A proposición resultante da conxunción de dúas proposicións (p=q) será falsa se p, q, ou as dúas, son falsas. Tamén se denomina función copulativa.

  3. s f [ASTRON ]

    Posición relativa de dous astros cando teñen a mesma ascensión recta.

  4. s f [DER ]

    Unión de bens mobles, pertencentes a propietarios distintos, que forman unha soa cousa de modo inseparable.

Citas

  • Caeu da cadeira porque se andaba a bambear) ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración na que se integran ( Lois e Xoán son meus irmáns, Concursou sen moitas posibilidades pero con ilusión), Desde un punto de vista morfolóxico, clasifícanse en simples, cando están constituídas por un único elemento invariable (e, nin, pero, etc), e complexas (ou locución conxuntiva), cando están formadas por máis dun elemento (por tanto, por conseguinte, agora ben, etc) e mesmo poden constar de dous membros (ou,,ou, nin,,nin, etc), Desde o punto de vista sintáctico, as conxuncións clasifícanse en coordinantes e subordinantes: as primeiras vinculan unidades de calquera tipo (palabras, frases ou cláusulas) sempre que estas desempeñen en conxunto unha mesma función sintáctica, con independencia da súa identidade categorial ( Vestiu o xersei verde e o pantalón vaqueiro, Un coche grande, con ABS e que sexa barato, A actuación dos actores foi maxistral, non obstante houbo problemas no son); as segundas introducen só cláusulas subordinadas ( Comprobou que non era verdade), Desde o punto de vista semántico, é dicir, segundo o tipo de relación lóxico-semántica que as conxuncións establecen entre as unidades sintácticas que unen, clasifícanse, dentro das coordinantes, en copulativas, disxuntivas e distributivas, e adversativas; e, dentro das subordinantes, en concesivas, condicionais, causais, consecutivas, finais, locativas, temporais, modais, comparativas e completivas, Non obstante , algunhas destas conxuncións poden incluírse en varias das clases citadas ou aparecer formando parte de diferentes conxuncións complexas (antes que, logo que, con que, etc); así, por exemplo, se pode ser condicional ( Se me levas contigo douche un agasallo) ou completiva ( Non sei se é o conveniente); ou como pode ser comparativa ( Antía non é tan espelida como ti me dicías), causal ( Como non quixo ir, quedou na casa) ou condicional ( Como non te decidas, vai rematar o prazo de subscrición)
  • Lograron o primeiro premio coa conxunción dos seus esforzos

Palabras veciñas

conxugal conxugar conxuíz conxunción conxuncional conxunguir conxunta