consorcio

consorcio

lat consortĭu

Plural: consorcios
  1. s m

    Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.

  2. s m [DER ]

    Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas.

  3. s m [ECON ]

    Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servizos e bens públicos.

  4. s m [BIOL ]

    Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.

Citas

  • As asociacións de veciños fixeron un consorcio para reivindicar mellores servicios