conxuntivo -va

conxuntivo -va
Plural: conxuntivos Masculino: conxuntivo Masculino plural: conxuntivos Feminino: conxuntiva Feminino plural: conxuntivas
    1. adx

      Que une.

    2. tecido conxuntivo [BIOL ]

      Tecido de sostemento amorfo que ocupa os intersticios situados entre a pel e a musculatura, entre os fascículos musculares ou entre a capa mucosa e a capa muscular dos órganos baleiros. Realiza funcións mecánicas e metabólicas.

  1. adx [LING ]

    Que une dúas unidades lingüísticas.

  2. adx [FILOS ]

    Aplícase ao siloxismo, xeralmente hipotético, que ten como premisa maior a que contén a conclusión.