constitución

constitución

lat constitutĭŏne

Plural: constitucións
  1. s f

    Acción de constituír ou constituírse.

  2. s f
    1. Maneira en que algo está constituído.

    2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

    3. [ANTROP/PSIC ]

      Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.

  3. s f [DER/POLÍT ]

    Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.

  4. s f [DER/HIST ]

    Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.

    1. s

      Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.

    2. constitución sinodal

      Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo.

Sinónimos

Citas

  • Chegaron a un acordo sobre a constitución da nova sociedade
  • O avogado protestou pola constitución do tribunal, A molécula ten unha constitución estable
  • Os dous son de constitución forte