"URA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 8704.

    1. Substancia que acelera unha reacción química que, máis lentamente, se produce tamén de seu.

    2. Substancia que acelera a forxa e o endurecemento. O máis empregado é o cloruro de calcio.

    3. Substancia que acelera a vulcanización do caucho, natural ou sintético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha comunidade de monxes bizantinos, fundada no s V na ribeira oriental do Bósforo, que pregaba ininterrompidamente durante todas as horas do día e da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. acender.

    2. Que está en combustión.

    3. Que está moi irritado, cheo de carraxe.

    4. Que ten as meixelas de cor rubia.

    5. Acción e efecto de acender.

      1. Mecanismo que pon en funcionamento unha máquina ou aparato.

      2. Acción de iniciar a combustión da mestura carburante nos motores de combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons.

      1. Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada.

      2. Signo escrito sobre unha vogal que pode marcar o acento de intensidade ou o timbre aberto ou pechado, ou para distinguir unha palabra doutra coa mesma grafía pero con significado diferente.

      3. Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba que petence a unha palabra.

      4. Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada.

    2. Conxunto de particulares inflexións que caracterizan a pronuncia propia dos habitantes dun país, rexión ou lugar.

    3. Argumento de intensidade dado a unha nota en relación ás outras para marcar o compás.

    4. Elemento constitutivo do verso que este, para ser harmonioso, leva en determinadas sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pulir e alisar superficies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Átomo trivalente que, nun semicondutor, vai incorporado como impureza capaz de recibir un electrón proveniente doutro átomo denominado doador.

    2. Substancia que, ao producirse a ruptura dun enlace heteroxeneamente, actúa como aceptante de electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acernar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patrimonio material e cultural que pertence a varias persoas ou a unha comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.

    2. Nome comercial do 1,1-dietoxietano, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumaría.

    3. Polímero constituído por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Emprégase na industria dos plásticos, vernices e pinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

    2. acetobutirato de celulosa.

    3.   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

    4. Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO