"Tegra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 344.

      1. Centro de estudo, formación e aprendizaxe en común.

      2. Centro de ensino superior adscrito a unha universidade, no que se estuda o primeiro ciclo de certas facultades ou escolas superiores.

      1. Casa ou edificio do colexio.

      2. Residencia de estudantes de ensino superior onde se levan a cabo actividades formativas.

    1. Corporación de dereito público integrada por persoas que pertencen a unha mesma profesión, á que lle corresponde a ordenación do exercicio da profesión, a súa representación exclusiva e a defensa dos intereses profesionais dos colexiados.

      1. Conxunto de electores dunha mesma circunscrición electoral.

      2. Lugar no que se reúnen os electores para votar.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por diversos elementos.

    2. Que é difícil de solucionar ou entender pola súa complicación.

      1. Conxunto de establecementos agrupados nunha zona determinada e cunha coordinación común.

      2. Conxunto de industrias agrupadas nunha zona determinada.

      1. Conxunto de tendencias inconscientes que determinan as actividades e o comportamento do individuo.

      2. Calquera preocupación máis ou menos obsesiva provocada polos propios defectos físicos, frustracións ou outras carencias.

    3. Composto químico que contén un átomo ou un ión central, xeralmente dun metal de transición, aceptador de electróns, rodeado dun grupo de ións ou de moléculas (ligandos), doadores de electróns.

    4. Conxunto de asociacións que acostuma ter categoría de biocenose.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento que o espírito humano ten da súa propia existencia e da súa actividade.

      1. Coñecemento da realidade que rodea unha persoa e que lle permite a relación co medio.

      2. Conxunto de crenzas, tradicións, normas e valores que integran a herdanza común dunha colectividade.

      3. Reflexión consciente que cada falante ten do uso da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado prolongado de oposición ou contenda entre persoas ou cousas.

    2. Situación dada por unha discordancia entre as tendencias e os intereses ou imposicións externas.

    3. Situación que se produce no proceso de adquisición de novos coñecementos, se os coñecementos previos do alumno entran en contradición coas novas informacións que se quere integrar na súa estrutura cognoscitiva.

    4. Controversia que se orixina cando dous entes pertencentes ás ordes civil, penal, contencioso-administrativa ou social, e dotados de personalidade xurídica, se consideran competentes nun asunto ou declinan as súas atribucións na materia.

    5. Controversia orixinada pola concorrencia de dúas ou máis normas xurídicas na regulación dun feito concreto.

    6. Situación que se produce como consecuencia da alteración provocada no desenvolvemento ou na extinción dunha relación laboral.

    7. Coincidencia e oposición de dúas palabras, como resultado de ambigüidades contextuais.

    8. Situación de desequilibrio que se produce entre dous grupos lingüísticos cando entran en contacto.

    9. Elemento fundamental da vida que ten lugar no ámbito social e que reflicte unha peculiar forma de relación que se manifesta de formas diferentes, aínda que case sempre normalizadas, como enfrontamentos, tensións, oposicións ou loitas entre persoas, grupos, organizacións ou estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Agrupación de persoas que teñen o mesmo oficio e que se unen en defensa dos seus intereses profesionais ou que comparten a mesma ideoloxía.

      2. Corporación de dereito público que actúa como órgano de consulta e colaboración coa administración pública sobre temas de interese xeral, referentes á actividade extractiva pesqueira e á súa comercialización, especialmente nos sectores artesanais e de baixura.

      3. Unidade de carácter asociativo e sindical, dependente do Instituto Social da Mariña, que integra os produtores de actividades orixinarias e derivadas do exercicio da pesca.

    1. Asociación de fieis constituída para o exercicio de obras de piedade e de caridade, e para incrementar o culto público do seu santo patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asociación de fieis que se reúnen baixo unha advocación relixiosa, para o exercicio da piedade e con finalidades apostólicas.

      2. Asociación de cregos e laicos que ten por finalidade promover a fe cristiá mediante a espiritualidade litúrxica, a piedade mariana, o sentido da Igrexa, os exercicios de santo Ignacio e as actividades apostólicas.

      1. Comunidade reunida para o culto nas igrexas da Reforma.

      2. Comunidade local de crentes, sobre todo o estamento laical que a forma.

    1. Unión de diversos mosteiros que dependen dun único superior, pero que conservan a súa independencia.

    2. Compañía de relixiosos ou relixiosas que fan votos sinxelos, que poden ser perpetuos ou temporais.

    3. Cada unha das comisións ordinarias, integradas na curia romana, que asisten ao papa no goberno da Igrexa, con potestade administrativa na súa competencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que rexeita sistematicamente ou está en desacordo co sistema establecido e non se integra nel. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comprobar exhaustivamente ou verificar algunha cousa.

      2. Exercicio que se realiza para seguir a evolución dos coñecementos dun alumno.

      1. Limitación da liberdade ou dominio sobre unha acción ou un fenómeno.

      2. Capacidade de levar a cabo este dominio.

    1. Dispositivo para manexar algunha cousa.

      1. Oficina na que se fai a verificación e a comprobación dalgunha cousa.

      2. Posto do exército, da policía ou doutro órgano oficial que realiza unha operación de vixilancia.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de converxer.

      2. Lugar ou punto no que converxen dúas cousas.

    1. Calidade de converxente.

    2. Inversa da distancia focal dun sistema óptico que se mide en dioptrías. OBS: Tamén se denomina potencia.

    3. Calidade dun feixe de raios que xorden ou se cruzan nun punto determinado.

    4. Fenómeno polo que dúas linguas de sistemas non emparentados xenealoxicamente chegan a posuír estruturas semellantes.

    5. Acumulación de aire nun sector da atmosfera como consecuencia de movementos horizontais.

    6. Dispositivo das rodas dianteiras dun automóbil, converxentes no sentido da marcha.

    7. Proceso de achegamento das economías dos estados membros da Unión Europea para conseguir a súa integración e constituír a unión económica e monetaria de Europa.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.

      1. Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas oracións ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración en que se integran.

      2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une.

      3. Conxunción que introduce a causa de por que se produciu un determinado efecto.

      4. Conxunción que introduce o segundo termo dunha comparación.

      5. Conxunción que introduce a  oración en función de suxeito, complemento directo ou atributo.

      6. Conxunción que introduce a idea de obxección ou dificultade que non impide a realización dunha acción.  

      7. Conxunción que introduce a oración que indica a condición necesaria para que se realice algo.

      8. Conxunción que introduce elementos equivalentes.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO