"PRI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3020.

      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto de oxidación do ácido úrico, que, nos mamíferos distintos dos primates, é o termo final do catabolismo das purinas. Atópase nos seus ouriños e tamén en numerosos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeira luz do día.

    2. Túnica branca que se emprega o clero cristián en determinadas cerimonias litúrxicas.

    3. Xénero literario da lírica trobadoresca que trata o tópico da separación dos amantes coa chegada do día.

    4. Pesca de arrastre que se fai no crepúsculo matutino.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á cidade de Albi ou á rexión do Albixés.

      2. Aplícase á doutrina cátara ou catarismo, por ser descuberta por vez primeira no Albixés.

    1. Adepto á doutrina profesada polos albixenses.

    2. Conxunto de expedicións militares organizadas contra os adeptos ao catarismo na Occitania do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de branco.

    2. Luz da alba. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Orixe ou principio da existencia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de proteínas ricas en ácido glutámico e aspártico que se atopan en todos os seres vivos.

    2. Produto que se obtén a partir do soro do leite, unha vez separada a lactosa.

    3. Clara do ovo desecada que ten a súa principal aplicación na industria alilmentaria.

    4. Soro sanguíneo desecado, que en xeral provén de sangue de boi. Utilízase como clarificante e na industria fotográfica, téxtil e de adhesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que nun centro penitenciario ou prisión preventiva ten ao seu cargo a custodia e seguridade dos presos e a organización do réxime do centro.

      2. Funcionario que nas alfándegas ten a misión de gardar e conservar as mercadorías dos almacéns para a percepción do imposto do timbre do estado.

      1. Gobernador árabe dunha provincia ou cidade.

      2. Castelán ou gobernador dun castelo.

    1. Persoa que, nos ss XIV e XV, nalgúns territorios de réxime señorial ou real, velaba polo cumprimento das ordenanzas de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en alcalina unha disolución, primitivamente aceda ou neutra, mediante a adición dunha base.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos.

    2. Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alcedínidos.

    2. Ave da familia dos alcedínidos.

    3. Familia de aves da orde dos coraciformes, integrada por aves de patas curtas, cola curta e bico moi desenvolvido e comprimido lateralmente. O representante máis característico deste grupo é o picapeixe.

    VER O DETALLE DO TERMO