alcanfor
alcanfor
ár al-kāfūr
-
s
m
[QUÍM ]
Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos.
-
bromuro de alcanfor
[QUÍM ]
Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.