albixense

albixense

Albí, vila do sur de Francia lat Albigensis

Plural: albixenses
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á cidade de Albi ou á rexión do Albixés.

    2. Aplícase á doutrina cátara ou catarismo, por ser descuberta por vez primeira no Albixés.

  2. s [HIST/RELIX ]

    Adepto á doutrina profesada polos albixenses.

  3. cruzada albixense [HIST/BÉL ]

    Conxunto de expedicións militares organizadas contra os adeptos ao catarismo na Occitania do s XIII.