"Galicia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 53.

    1. Pataca cocida coa súa pel en auga e sal, moi utilizada como acompañamento de diversos pratos en Galicia.

    2. Pataca cortada en anacos cocida sen pel.

    3. Anaco de pataca que contén o grelo para poder sementala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle falta un corno ou os dous.

      1. Que lle faltan os dentes.

      2. Resto da raíz dun dente que permanece na enxiva despois de arrincar ou podrecer a peza dentaria.

      1. Relativo ou pertencente á raza cachena.

      2. Raza bovina morena orixinaria de Galicia de perfil cóncavo, cabeza pequena con órbitas saíntes e ollos oblicuos, orla branca no fociño, beizos grosos e cornos en lira alta e moi desenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cela municipal dalgunhas vilas de Galicia na que se apresaba as persoas por faltas leves.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castela.

    3. Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

    4. Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

    5. Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante da lingua castelá, empregada nalgúns rexistros en Galicia, que se caracteriza pola interferencia do galego en todos os planos da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción ou compartimento que se emprega para gardar e conservar os cereais.

    2. Hórreo de forma rectangular nalgunhas zonas de Galicia.

    3. Alpendre reservado para gardar a herba seca, a palla ou a ferramenta.

    4. Sitio da casa que se emprega para gardar as provisións.

    5. Casa pequena terreña onde vive unha persoa pobre.

    6. Compartimento para gardar o peixe nas embarcacións pequenas formado polos taboleiros que pechan as bancadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lenzo basto que se fabrica en Galicia de maior calidade ca a estopa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Percibir o cheiro dalgunha cousa ou de alguén.

    2. Desprender cheiro algunha cousa ou alguén. OBS: O significado deste verbo pode depender do adverbio, ben ou mal, que o acompañe. Cando non vai acompañado do adverbio equivale, nalgunhas zonas de Galicia, a ‘cheirar mal’.

    3. Sospeitar algo.

    4. Andar investigando algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Madriña dunha persoa con relación aos pais ou ao padriño.

    2. Nai dunha persoa con relación ao seu padriño ou á súa madriña.

      1. Boneco feito de palla e trapos vellos que se queima o xoves de Entroido.

      2. Festa que se celebra en Galicia e noutras partes de Europa o xoves antes de Entroido.

    VER O DETALLE DO TERMO