comadre

comadre

lat ecles commātre cum ‘con’ + matre ‘nai’

Plural: comadres
  1. s f

    Madriña dunha persoa con relación aos pais ou ao padriño.

  2. s f

    Nai dunha persoa con relación ao seu padriño ou á súa madriña.

    1. s

      Boneco feito de palla e trapos vellos que se queima o xoves de Entroido.

    2. xoves de comadres

      Festa que se celebra en Galicia e noutras partes de Europa o xoves antes de Entroido.

Citas

  • A madriña da súa filla é a súa comadre
  • Convertéronse en comadres desde que viven porta con porta
  • Criouse cos padriños cando emigrou a súa comadre

Refráns

  • A comadre andadora en tódalas casas é murmuradora.
  • Máis vai na comadre que na que o pare.
  • Rifan as comadres, cando se din as verdades.