castelán -lá

castelán -lá
Plural: casteláns Masculino: castelán Masculino plural: casteláns Feminino: castelá Feminino plural: castelás
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Castela.

  3. s m [LING ]

    Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

  4. s [HIST ]

    Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

  5. s m [NUMIS ]

    Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.