celeiro

celeiro

lat cellarĭu ‘despensa’

Plural: celeiros
  1. s m

    Construción ou compartimento que se emprega para gardar e conservar os cereais.

  2. s m p ext

    Hórreo de forma rectangular nalgunhas zonas de Galicia.

  3. s m

    Alpendre reservado para gardar a herba seca, a palla ou a ferramenta.

  4. s m

    Sitio da casa que se emprega para gardar as provisións.

  5. s m

    Casa pequena terreña onde vive unha persoa pobre.

  6. s m [PESCA ]

    Compartimento para gardar o peixe nas embarcacións pequenas formado polos taboleiros que pechan as bancadas.

Sinónimos

Citas

  • As poucas provisóns que tiñan no celeiro mostraban a pobreza na que vivían
  • Despois de mallar o centeo, houbo que carrexalo ata o celeiro