"2" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1532.

    1. Relativo ou pertencente aos abbásidas.

    2. Membro da dinastía abbásida.

    3. Dinastía árabe instalada en Bagdad. O primeiro califa foi Abū-I-Abbās al-Saffāḥ. No califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás grandes profundidades oceánicas.

    2. Fauna que habita as grandes profundidades mariñas. Adoitan ser negros ou de tonalidades escuras, presentando, a miúdo, órganos luminosos.

    3. Zona mariña comprendida entre os 800 e os 10.000 m de profundidade.

    4. Sedimentos formados nos fondos submarinos a máis de 2.000 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acacio de Constantinopla ou a Acacio de Cesárea.

    2. eguidor das doutrinas de Acacio de Cesárea ou ao cisma acaciano.

    3. Cisma (482-519) provocado polo patriarca Acacio de Constantinopla, quen instigou ao emperador Zenón á publicación do Henōtikōn, edicto de unión de tendencia monofisita que non foi aceptado polo papa Fiz III quen excomungou o patriarca e iniciou o cisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acelerar ou acelerarse.

    2. Proceso que tende a facer aparecer certas estruturas no desenvolvemento embrionario.

    3. Nun movemento circular, variación da velocidade angular co tempo.

    4. Compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á translación do fluído no espazo, na dinámica de fluídos.

    5. Incremento da ascensión recta do Sol medio nun día sideral.

    6. Aceleración complementaria, debida á rotación da terra, segundo o teorema de Coriolis.

    7. ariación da velocidade do punto respecto do tempo. É o vector a = dv/dt, onde v é o vector velocidade do punto. A unidade da aceleración é o m/s 2 .

    8. Na dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á variación co tempo das condicións da corrente.

    9. Regra internacional que determina a lonxitude das pistas de aterraxe dos aeroportos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao acetileno.

      2. Relativo ou pertencente ao enlace triplo entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen, e que cando se atopa ao final dunha cadea os compostos acetilénicos califícanse como terminais.

      3. Hidrocarburo da serie acetilénica.

    1. Serie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, e que se caracteriza pola presenza dun enlace triplo. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos nos que existe cando menos un enlace triplo. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Acheuliano.

      2. Tecnocomplexo do Paleolítico Inferior. Deriva do Olduvaiano e comprende a totalidade do Plistoceno Medio (700.000-120.000 BP). OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    1. Técnica que consiste en golpear os bordos de obxectos líticos xa tallados, para producir unha superficie cortante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un sabor semellante ao do limón ou ao do vinagre.

      1. Relativo ou pertencente aos ácidos.

      2. Aplícase ás solucións ou mesturas onde hai presente un ácido libre.

      3. Aplícase aos sales que conteñen hidróxeno substituíble polos metais.

      4. Propiedade dos ácidos e das súas solucións de facer virar os indicadores á cor correspondente á forma ácida.

    2. Substancia qu se caracteriza quimicamente polo feito de provocar cambios de cor nos indicadores. Reaccionan coas bases, formando compostos neutros denominados sales.

    3. Conxunto de drogas sintéticas.

    4. Substancia orgánica que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función alcohol.

    5. Calquera das substancias orgánicas de fórmula xeral R-COOH, que teñen na súa molécula un ou varios grupos carboxilo.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derradeira das catro ordes menores que preceden ao sacerdocio que existe na Igrexa latina desde o pontificado romano de Cornelio, arredor do ano 250. A partir do 1972 constitúe un ministerio litúrxico que habilita para ser ministro extraordinario da eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO