abisal

abisal

lat abyssu gr ἄ βυσσος ‘sen fondo’

Plural: abisais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás grandes profundidades oceánicas.

  2. fauna abisal [ZOOL ]

    Fauna que habita as grandes profundidades mariñas. Adoitan ser negros ou de tonalidades escuras, presentando, a miúdo, órganos luminosos.

  3. rexión abisal [MAR ]

    Zona mariña comprendida entre os 800 e os 10.000 m de profundidade.

  4. sedimentos abisais [MAR ]

    Sedimentos formados nos fondos submarinos a máis de 2.000 m de profundidade.

Confrontacións

abismal

Citas

  • Descendeu co batiscafo para estudiar os peixes abisais