ácido -da

ácido -da

lat acĭdus ‘ácido’

Plural: ácidos Masculino: ácido Masculino plural: ácidos Feminino: ácida Feminino plural: ácidas
  1. adx

    Que ten un sabor semellante ao do limón ou ao do vinagre.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos ácidos.

    2. adx

      Aplícase ás solucións ou mesturas onde hai presente un ácido libre.

    3. adx

      Aplícase aos sales que conteñen hidróxeno substituíble polos metais.

    4. reacción ácida

      Propiedade dos ácidos e das súas solucións de facer virar os indicadores á cor correspondente á forma ácida.

  2. s m [QUÍM ]

    Substancia qu se caracteriza quimicamente polo feito de provocar cambios de cor nos indicadores. Reaccionan coas bases, formando compostos neutros denominados sales.

  3. s m [QUÍM ]

    Conxunto de drogas sintéticas.

  4. ácido alcohol [QUÍM ]

    Substancia orgánica que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función alcohol.

  5. ácido carboxílico [QUÍM ]

    Calquera das substancias orgánicas de fórmula xeral R-COOH, que teñen na súa molécula un ou varios grupos carboxilo.

  6. ácido cetónico [QUÍM ]

    Composto orgánico que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función cetona.

  7. ácido fenol [QUÍM ]

    Composto orgánico que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función fenol.

  8. ácido fosfónico [QUÍM ]

    Calquera dos ácidos de fórmula xeral RPO 3 H 2 , que teñen o átomo de fósforo ligado directamente a un carbono.

  9. ácido graxo [QUÍM ]

    Ácido carboxílico monoprótico presente nas graxas naturais, insoluble en auga e soluble en disolventes orgánicos.

  10. ácido sulfénico [QUÍM ]

    Calquera dos ácidos de fórmula xeral R-S-OH, onde R é un grupo orgánico cun carbono.

  11. ácido sulfínico [QUÍM ]

    Calquera dos ácidos de fórmula xeral R-SO -OH, onde R é un grupo orgánico cun carbono.

  12. ácido sulfónico [QUÍM ]

    Calquera dos ácidos de fórmula xeral R-SO 2 -OH, onde R é un grupo orgánico alquilo ou arilo ou un halóxeno.

  13. índice de ácido [QUÍM ]

    Número de miligramos de hidróxido de potasio necesario para neutralizar a acidez libre dun gramo de aceite, graxa ou resina.

Sinónimos