aceleración

aceleración

acelerar

Plural: aceleracións
  1. s f

    Acción e efecto de acelerar ou acelerarse.

  2. s f [BIOL ]

    Proceso que tende a facer aparecer certas estruturas no desenvolvemento embrionario.

  3. aceleración angular [FÍS ]

    Nun movemento circular, variación da velocidade angular co tempo.

  4. aceleración convectiva [FÍS ]

    Compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á translación do fluído no espazo, na dinámica de fluídos.

  5. aceleración das estrelas fixas [ASTRON ]

    Incremento da ascensión recta do Sol medio nun día sideral.

  6. aceleración de Coriolis [FÍS ]

    Aceleración complementaria, debida á rotación da terra, segundo o teorema de Coriolis.

  7. aceleración dun punto [FÍS ]

    ariación da velocidade do punto respecto do tempo. É o vector a = dv/dt, onde v é o vector velocidade do punto. A unidade da aceleración é o m/s 2 .

  8. aceleración local [FÍS ]

    Na dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á variación co tempo das condicións da corrente.

  9. regra de aceleración e parada [AERON ]

    Regra internacional que determina a lonxitude das pistas de aterraxe dos aeroportos.

Sinónimos

Citas

  • A aceleración do coche non é moi potente