aspiración

aspiración

lat aspirāre ‘botar o alento’

Plural: aspiracións
  1. s f

    Acción e efecto de aspirar.

  2. s f

    Esperanza de acadar algunha cousa.

  3. s f [FÍS/TECNOL ]

    Nos motores térmicos alternativos, acción de aspirar o aire ou a mestura de combustible cara ao interior do cilindro, polo efecto de sución que provocan os émbolos dos pistóns.

  4. s f [LING ]

    Característica fundamental dalgúns fonemas.

  5. aspiración diastólica [FISIOL ]

    Fenómeno polo que os ventrículos do corazón se enchen pasivamente de sangue durante a diástole.

  6. nivel de aspiracións [PSIC ]

    Nivel ideal que se desexaría alcanzar para a satisfacción das necesidades e desexos.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

respiración

Citas

  • A aspiración do enfermo era moi traballosa
  • A súa máxima aspiración era chegar á cima do Everest