ilusión
ilusión
lat ilusĭōne
-
s
f
-
Alegría que se experimenta coa esperanza da realización dalgunha cousa agradable.
-
Esperanza sen fundamento real.
-
-
s
f
-
Erro de percepción, de xuízo ou de razoamento que é provocado por unha aparencia.
-
Erro de interpretación dun dato ou contido sensible ou mental.
-
-
ilusión monetaria
[ECON ]
Recoñecemento subxectivo da estabilidade do valor do diñeiro sen ter en conta as variacións do seu poder adquisitivo.
-
ilusión óptica
[FISIOL/FÍS ]
Fenómeno óptico que consiste nunha percepción errónea das formas e das dimensións dun obxecto, debido á mala interpretación das imaxes que chegan aos ollos.
Citas
- Os cativos esperaban con ilusión a chegada das vacacións de Nadal
- Viviu toda a vida de ilusións