inspiración

inspiración

lat inspiratĭōne

Plural: inspiracións
  1. s f

    Acción de coller aire nos pulmóns.

  2. s f

    Acción de inspirarse.

  3. s f

    Impulso creador que se manifesta de forma inesperada.

  4. s f

    Idea ou pensamento que xorde de forma espontánea.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A inspiración é un acto reflexo
  • A inspiración para o cadro tívoa durante a noite
  • Compuxo un poema de inspiración renacentista
  • Concibiu a obra teatral nun momento de inspiración