respiración

respiración

lat respiratiōne

Plural: respiracións
  1. s f

    Acción e efecto de respirar.

  2. s f [FISIOL ]

    Función dos animais mediante a que conseguen osíxeno, coa finalidade de transportalo ás células, onde será utilizado para a respiración interna, e eliminan o dióxido de carbono producido.

  3. s f

    Entrada e saída libre do aire nos espazos cerrados.

  4. respiración artificial [FISIOL/MED ]

    Respiración que se efectúa, manualmente ou mediante aparatos, cando se interrompe a actividade espontánea do aparato respiratorio.

  5. respiración interna [BIOL ]

    Conxunto de funcións dun organismo que conducen á obtención da enerxía necesaria para cumprir as súas funcións vitais, mediante a oxidación (deshidroxenación) total ou parcial das moléculas orgánicas desde todas as células.

Sinónimos