pobreza

pobreza

pobre

Plural: pobrezas
  1. s f

    Calidade de pobre.

  2. s f

    Escaseza ou insuficiencia de algo.

  3. s f [RELIX ]

    irtude moral que ordena a conduta humana en relación aos bens deste mundo, e que pode esixir o desprendemento material voluntario, seguindo o espírito da primitiva comunidade de Xerusalén.

Antónimos

Citas

  • Saíron da pobreza con moito esforzo, A pobreza dunha lingua soluciónase lendo maís

Refranes

  • . A necesidade é mestra.
  • a can fraco todo é carrachas.
  • A carto vai a libra de vaca, o que non a ten non a cata.
  • A codia dura o dente aguza.
  • A Coresma e a cadea para os pobres parecen feitas.
  • A falchoca do pobre, con todo pode.
  • A necesidade e a loucura adoitan andar xuntas.
  • A necesidade fai o home matinar e traxinar.
  • A necesidade mete a vella en camiño.
  • A necesidade obriga ao que o home non maxina.
  • A ovella do pobre no maio morreo
  • A ovella fraca non lle faltan carrachas.
  • A ovella fraca nunca lle falta sama.
  • a pobre que non ten casa vive sempre na rúa.
  • A pobreza fai ao home estar en tristeza.
  • A pobreza non é vileza, pero non deixa erguer a cabeza.
  • A pobreza non quita virtude nin pon a riqueza, mais é causa t;le quitala ou poñela.
  • A pobreza nunca ergue a cabeza.
  • a que ha ser pobre nunca rico morreo
  • a que non ten boi nin vaca, toda a noite ara.
  • a que non ten padriño, afórcano.
  • A sorte do pobre é andar a pedir.
  • ande non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón.
  • Antes pobreza que vileza.
  • Ben seguro dorme o que nada ten.
  • Bo vestido e limpeza non anda coa pobreza.
  • Cada pobre goberna a súa casa como pode.
  • Cada pobre gobérnase como pode.
  • Cando a vella ten diñeiro, non ten carne o carniceiro.
  • Cando non tiña, tranquilo durmía e agora, que teño, durmo con medo.
  • Cando o pobre ten diñeiro, non ten carne o carniceiro.
  • Carne sen óso non é para pobres.
  • Chórame e chórame, mais non me chores pobre.
  • Chove, chove na casa do pobre.
  • Detrás do pobre sempre anda o diaño armado coa fouce.
  • Duro é non ter que comer pero máis duro é ter que morrer.
  • E cousa de pobres andar a pedir.
  • É cousa de pobres andar sempre a pedir.
  • É unha boa empanada a vida do que non ten nada.
  • En pobre morada nin tizón nin brasa.
  • Entre dous que ben se queren, con soilo un que coma, abonda.
  • Home pobre con pouco se alegra e socorre.
  • Home pobre moi pobre pasará fame pero non morreo
  • Home pobre todo é mañas.
  • Máis inventa un pobre que cen avogados.
  • Máis vale pouco e ben gañado, que moito e mal logrado.
  • Máis vale ser pobre na terra que rico no mar.
  • Máis vale vivir mal e honrado, que vivir ben e deshonrado.
  • Máis vale.pan con amor que galiña con dor.
  • Mellor é pobreza con boa fama, que riqueza con mala.
  • Na casa baleira todo é laceira.
  • Na casa do pobre todas son pingueiras.
  • Na casa do pobre todos rifan e todos teñen razón.
  • Na casa onde non hai pan, non pode haber paz.
  • Na casa onde non hai qué comer, todos están tristes e non saben por que.
  • Na miña terra quen non ten que comer nin xanta nin cea.
  • Na moita ne.cesidade
  • Na moita necesidade di o amigo a verdade.
  • Na necesidade nace a amistade.
  • Na necesidade próbanse os amigos.
  • Nada ten que perder quen nada ten de seu.
  • Nin te abata a pobreza nin a riqueza te ensoberbeza.
  • Ninguén morre tan pobre, que máis pobre non nacese.
  • Ninguén vive tan pobre como naceu.
  • Non é pobre o que pouco ten, senón o que moito quer.
  • Non é pobre o que ten pouco, senón o que cobiza moito.
  • Non é pobre senón o que se ten por pobre.
  • Non hai mal máis verdadeiro có de non ter diñeiro.
  • Non hai mellor mestra que a necesidade e a pobreza.
  • Non hai ninguén tan pobre que, ao morrer, non lle sobre.
  • Non hai peor mal que moitos fillos e pouco pan.
  • Non hai virtude nin bondade que non corrompa a pobreza e a necesidade.
  • Non peca de gula o que non ten fartura.
  • Non pode pecar de gula que n nunca tivo fartura.
  • O home pobre con pouco se compón.
  • O home pobre todo son mañas: ás veces boas e ás veces malas.
  • Ó pobre aflixido non lle deas máis ruído.
  • Ó pobre con pouco se alegra.
  • O pobre e o muíño andando gañan.
  • O pobre gobérnase como pode.
  • Ó pobre pouco ben o socorre.
  • O pobre que pide pan, come carne, se lla dan.
  • Ó pobre, o sol o come.
  • O que non ten camisa aforra lavandeira.
  • O que non ten máis que unha sortella, non sabe en que dedo a poña.
  • Ó que non ten, media cazola lle abonda.
  • Ó que non ten, o corpo llo paga.
  • Ó que non ten, o rei faino libre.
  • Onde non hai fariña todo é morriña.
  • Para a necesidade non hai lei.
  • Para o pobre sempre chove.
  • Para o pobre sempre é noite.
  • Pobre á festa convidado, tira a barriga de mal ano.
  • Pobre porfiado non se vai sen un chavo.
  • Pódese estar na pobreza e andar con limpeza.
  • presta máis unha sardiña con gusto, que unha galiña con disgusto.
  • Que chova, que neve, estoume na cama; non hai mellor riqueza cá de non ter nada.
  • Quen diñeiro non ten que cobrar, moitas voltas ten que dar.
  • Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar.
  • Quen nace para pobre tarde ou nunca chega a rico.
  • Quen nada ten e nada desexa é o máis rico da terra.
  • Quen non ten non é tido.
  • Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén.
  • Quen pouco ten, pouco pode.
  • Quen precisa diñeiro vende ás veces a bulsa e o pelexo.
  • Quen ten pobreza non ergue a cabeza.
  • Regalo de pobre, mercede pide.
  • Tras do pobre sempre anda o demo coa fouce.
  • Vale máis dicir: ¡Pobre del! que ¡Pobre de minI
  • Vivir ben, comer ben e beber ben, non é para quen non ten.
  • Vivir, servir e pedir fan os homes sufrir.
  • Xa que hoxe non ceo, dácame acá o pandeiro.

Palabras vecinas

poboar pobre pobrense pobreza poceira poceiro -ra poción