pobre

pobre

lat paupere

Plural: pobres
    1. adx

      Que apenas ten, ou que non ten, o necesario para vivir. Tm s.

    2. s

      Persoa que vive da caridade.

  1. adx

    Que é escaso ou insuficiente.

  2. adx

    Que expresa conmiseración ou pena.

  3. s [HIST/RELIX ]

    Membro dunha congregación relixiosa ou seita, que subliña así a súa condición de austeridade e a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica.

  4. arte pobre [ARTE ]

    Utilización estética dunha certa clase de obxectos extraídos do uso da vida cotiá, cunha finalidade estética.

  5. pobre de espírito
    1. [RELIX ]

      Persoa consciente da propia insuficiencia que espera todo de Deus, cunha felicidade que se debe ao feito de que deixará de ser pobre coa chegada do Reino de Deus.

    2. Persoa inxenua que non ten malas intencións.

Sinónimos

Citas

  • No cumio tamén estaban representados os paises pobres
  • Pobre animaliño! É un pobre home!
  • Son terras moi pobres, Era un libro pobre en recursos, É un mineral pobre en ferro
  • Son xente pobre pero honrada

Frases hechas

  • Pobre de (ti, el...)! Expresa ameaza. Ex: Pobre del como non coma o caldo!

Refranes

  • A pobreza non é baixeza, pero tampouco é grandeza.
  • A pobreza non é vileza, senón falta de riqueza.
  • A pobreza non lixa.
  • Canto máis pobre, menos esmola.
  • Na casa do pobre, cunca de pau e pucheiro de cobre.
  • Nai vella e camisa rota non é deshonra.
  • Non hai para pan e mercamos rosquillas.
  • Non temos para pan e mantemos un can.
  • Ó pobre ata os cans lle ladran.
  • Ó pobre dálle a metade do que che sobre.
  • Ó pobre e á nogueira todos lle tiran pedras.
  • Ó pobre e ao minguado non falta quen o faga máis necesitado.
  • Ó pobre farto de carne non hai quen o ature.
  • O pobre non vai ao concello nin se toma o seu consello.
  • O pobre que con carne se entupe non hai quen o ature.
  • Ó que é pobre ninguén lle fai caso.
  • O ser pobre non deshonra.
  • Onde non hai pan vaise ata o can.
  • Quen di que pobreza é vileza, non sabe o que di nin ten siso na cabeza, inda que teña moita riqueza.
  • Ser pobre non deshonra a ningún home.
  • Ser pobre non é deshonra.
  • Todos foxen do pobre coma dunha enfermidade.
  • Tras do pobre todo o mundo corre.
  • Vivimos como podemos e non como queremos.