riqueza

riqueza

rico

Plural: riquezas
  1. s f

    Calidade de rico.

  2. s f

    Abundancia de bens materiais.

  3. s f

    Abundancia relativa de calquera cousa.

Antónimos

Refranes

  • a don sen din pouco me importa a mino
  • A fartura sete faltas disimula. "
  • a home rico coa fama casa o fillo.
  • a moito ter, o moito valer e o moito poder, botan ás veces un home a perder.
  • A que ten pan e capelo nunca lle falta mancebo.
  • A riqueza é moitas veces causa de tristeza.
  • A vergonza pasa e o diñeiro queda na casa.
  • Abondo ten quen bo creto ten.
  • Algo alleo non fai herdeiro.
  • ande hai, calquera gobema.
  • Ben parvo é o que morre pobre por vivir rico.
  • Cargado de ferro, cargado de medo.
  • Comer cameiro é de cabaleiro.
  • Cos desperdicios dos ricos mantíñanse moitos pobres.
  • Cun moito e dous pouquiños fanse os homes ricos.
  • Da riqueza saen ás veces os vicios.
  • De home facendado non te verás vingado.
  • De rico a soberbio non hai palmo enteiro.
  • De rico a soberbio non hai un palmo enteiro.
  • Do alleo, falchoco cheo.
  • Do rico é dar remedio; e do vello, consello.
  • E ben borrico o que vive pobre por morrer rico / para morrer rico.
  • Eu duro e vós duro ¿quen levará o maduro?
  • Limpeza, e non na bulsa; claridade, e non no caldo.
  • Máis dá quen quer que que n ten.
  • Máis quero pouco con pouco medo, que moito con temor de perdelo.
  • Máis quero pouco seguro, que moito con perigo. •
  • Mais ten o rico cando empobrece có pobre cando enriquece.
  • Máis ten o rico cando empobrece, que o pobre cando enriquece.
  • Máis vale entrar pobre no ceo que rico no inferno.
  • Máis vale o din có don.
  • Negreiro con diñeiro, cátao cabaleiro.
  • Ninguén sabe o que ten, se ten quen o mantén.
  • Non De falta pucheiro ao que ten diñeiro.
  • Non se doe o farto do que ten fame e non ten un carto.
  • Non sempre debe o rico gardar nin o pobre escatimar.
  • Non sempre lle está ben ao rico gastar nin ao pobre escatimar.
  • O parente do rico ten que buscar onde encher o bico.
  • Ó pobre non lle ofrezas pero ao rico non lle debas.
  • O que non ten bens, ten que ter mans e pes.
  • Parente de rico, busca que comas.
  • Puntada a barrisco na casa do rico para acabar axiña, pois non fai boa vida.
  • Quen máis ten, máis quer.
  • Quen moito ten, moito quer.
  • Quen nun ano quere ser rico, ao mediodía, afórcano.
  • Quen ten, ese ten.
  • Rico é o que non debe nada a ninguén.
  • Sempre houbo pobres e ricos.
  • Sempre o ter se lixou no saber.
  • Tan ben vive o pobre no seu sobrado, como vive o rico no seu pazo.
  • Ten quen ten -din as campás de Toén.
  • Teña eu cubas e caudal e quen queira, viñas e lagar.
  • Vaise o ouro Ao mouro.
  • Vaise o ouro para o tesouro.
  • Val quen tén -din as campás de Toén.
  • ¡Sorte do que ten e pobre do que o ten que buscar!

Palabras vecinas

ripo ripple marks* ripuario -ria riqueza rir risa risada