mentira

mentira

mentir

Plural: mentiras
  1. s f

    Acción de manifestar algo que non responde á verdade.

  2. mentira piadosa

    Mentira que se di por compaixón.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Utiliza a mentira dunha maneira enfermiza

Frases hechas

  • De mentira. Que non

  • Parecer mentira. Ser, algunha cousa, tan sorprendente ou tan anormal que parece imposible.

Refranes

  • A mentir logo un aprende.
  • A mentira anda barata.
  • A mentira de algo é filla.
  • A mentira e a troita queren ser gordas.
  • A mentira non paga alcabala e mais hai que ter conta dela.
  • A mentira non ten pes e non para de correr.
  • A mentira non ten pes nin ten cabeza.
  • A onde has de ir non has de mentir.
  • A rapaz mentireiro non lle perdoes as azoutas.
  • Cazadores, xastres e zapateiros son os máis mentireiros.
  • Cereixas e mentiras, unhas das outras tiran.
  • De todo terma o papel ata que se limpan coel.
  • Di mentira e sacarás verdade.
  • Máis vale dicir mentiras que parezan verdades, que non verdades que parezan mentiras.
  • Mente canto quere e esbardalla canto pode.
  • Mente Pedro, porque o ten de vezo.
  • Mentir con gracia quere sabencia.
  • Mentir non custa diñeiro pero fai a un mentireiro.
  • Mentireiro con labia quere certa gracia.
  • Mentireiro de gracia quere moita labia.
  • Mete mentira e sacarás verdade.
  • O mentir e o compadrar andan á par.
  • O mentir non é habilidade.
  • O mentir non ten alcabala; por iso o usan tantos noramala.
  • O mentir pide memoria.
  • O papel atúrao todo.
  • O papel é brando e doce: todo o sofre.
  • O que di o que non é, tamén oe o que non quer.
  • O vello mente ben na súa terra, o mozo na allea mente que rabea.
  • O vello na súa terra e o mozo na allea menten á súa maneira.
  • Onde un ha de ir, non ha de mentir.
  • Por mentir e andar en coiro non azoutan.
  • Porque lles digo as mentiras, ben me queren as veciñas.
  • Pregúntallo a Mateu, que mente máis que eu.
  • Quen mente non sabe o que sente.
  • Quen non sabe mentir, non sabe vivir.
  • Unha mentira ben composta, moito vale e pouco costa.