mentireiro -ra
mentireiro -ra
mentir
-
adx
Que mente. Tm s.
-
adx
Que ten o costume de dicir mentiras. Tm s.
Citas
- O curmán de Filipe é moi mentireiro, O mentireiro acaba por non ter amigos.
Refranes
- A mentira é de cristal e por ela traslócese a verdá.
- A mentira logo é collida.
- A mentira nunca ten moita vida.
- Dicir unhas veces torto e outras dereito é de xente de mal xeito.
- Máis axiña se calle un mentiroso que un coxa.
- Máis axiña se colle un mentireiro que un coxilitranqueiro.
- Mentir non é deshonra mais é cousa de mala persoa.
- O mentireiro cando dí a verdá, ninguén creto lle dá.
- O que se di á noite e non é verdá, desfaise pala mañá.
- O que sempre mente, nunca engana.
- Primeiro cae o mintireiro có coxiliqueiro.
- Quen me mente non me engana.
- Quen minte lago se arrepinte.
- Unha mentira descobre outra axiña.
- Unha mentira doutra tira.