verdade

verdade

lat veritāte

Plural: verdades
  1. s f

    Característica do que é verídico con respecto á realidade.

  2. s f

    Aquilo que pasou certamente.

  3. s f

    Dito que se corresponde coa realidade.

  4. s f

    Aquilo que se di directamente e con claridade.

Citas

  • As verdades científicas son demostrables
  • Dicindo as verdades, pérdense as amizades
  • Eu son o camiño, a verdade e a vida
  • Falar con acento de verdade
  • Non responde da verdade desta nova
  • O home que viches é de verdade

Frases hechas

  • 2 Real.

  • 3 Aut

  • A dicir verdade. Francamente ou para ser sincero.

  • De verdade. 1 Expresi

  • De verdade? Est

  • En verdade. Realmente.

Refranes

  • A verdade adelgaza pero non creba.
  • A verdade é aceda e a mentira é doce.
  • A verdade é filla da caridade.
  • A verdade é filla de Deus e afiliada do demo.
  • A verdade é filla de Deus; e a mentira, do diaño.
  • A verdade foxe dos currunchos.
  • A verdade fura as paredes.
  • A verdade non é máis ca unha.
  • A verdade non perde por nena nin a mentira gaña por vella.
  • A verdade non ten máis que un camiño.
  • A verdade non ten pes e anda.
  • A verdade ten forza, porque non se creba.
  • A verdade ten moita forza.
  • Andade a dicir verdades e morreredes nos hospitales.
  • As verdades sempre amargan.
  • As verdades sempre amargan.
  • Do que vai torto non digas que vai dereito.
  • Falar e ¡sexa quen queira!
  • Máis vale dicir verdades que parezan mentiras, que mentiras que parezan verdades.
  • Mal me queren as comadres, cando lles digo as verdades.
  • Mal me queren as comadres, porque lles digo as verdades.
  • Non se han dicir tódalas verdades en tódolos tempos e lugares.
  • Non traias enganado o médico, o confesor nin o avogado.
  • Ó médico e ao avogado, non o traias enganado.
  • Ó médico, ao confesor e ao avogado falarlle claro.
  • Ó teu abade dille sempre a verdade.
  • Para verdades, o tempo.
  • Por dicir as verdades, pérdense moitas amistades.
  • Quen di a verdade non peca nin mente.
  • Quen non crea a verdade, verdade non dirá.
  • Quen verdade non me ere, verdade non me di.
  • Vive sempre coa verdade e vivirás con seguridade.